OCEANIC AROUSA TOURS
[MARGALAICA]
Oceanic Arousa Tours
A actividade céntrase no turismo mariñeiro con rutas guiadas e vinculadas á cadea vertical de pesca, marisqueo e aquicultura, onde o turista pode interactuar cos profesionais do sector, ensinándolles estes as actividades e cultura asociados ao seu traballo e oficios. Tamén se realizan rutas aos illotes “guidoiros-areoso e guidoiros-pedroso”, á illa de rúa, ás illas atlánticas e visitas por mar aos pobos mariñeiros da Ría de Arousa, sen esquecernos da ruta xacobea.
- NOMBRE EMPRESA: Oceanic Arousa Tours
- DIRECCIÓN: C/ Campo 3, Cabo de Cruz
- MUNICIPIO: Boiro
- PROVINCIA: A Coruña
- TELÉFONO INFORMACIÓN/RESERVAS: 648 458 116
- EMAIL: oceanicarousa@gmail.com
- WEB: http://oceanicarousa.com/
- ACTIVIDAD 1: Ruta do Mexillón
- ACTIVIDAD 2: Ruta etnográfica dos faros
- OBSERVACIONES: Todas as actividades son accesibles para calquera tipo de discapacidade, exceptuando as cadeiras de rodas, pois os portos non están habilitados con grúas para poder subir as cadeiras á embarcación.
- ACTIVIDAD 1: Ruta do Mexillón
- DESCRIPCIÓN: Visitarase unha batea onde estén procesando o mexillón, explicando o proceso e os tipos, dende que se recolle a mexilla ata que ten o tamaño comercial. o turista poderá diferenciar tanto pola vista coma polo tacto as diferentes etapas de crecemento deste bivalvo e incluso ser partícipe dun dos procesos de encordado do mexillón. estase a valorar a posibilidade de finalizar cunha degustación deste producto.
- CALENDARIO: Todos os días laborables pola mañá, pois é cando están os profesionais no mar.
- HORARIO: SAÍDA: 11:00 REGRESO: 13:30 aproximadamente.
- DURACIÓN DE ACTIVIDAD: 2:30 horas
- LUGAR DE REALIZACIÓN: Polígonos bateeiros da ría de arousa
- IDIOMAS: Español y gallego
- OBSERVACIONES: Sairase do porto deportivo de escarabote (Boiro) ou do muelle comercial de cabo de cruz (Boiro), cun mínimo de 6 persoas e un máximo de 12.
- ACTIVIDAD 2: Ruta etnográfica dos faros
- DESCRIPCIÓN: Esta é unha nova ruta para este ano 2019. Visitarase o Faro da Illa de Rúa, poñerase rumbo a Sálvora, pasando polo Noro e Vionta ata chegar á Illa onde se visitará o faro. Deseguido, navegaremos cara a Illa de Arousa para coñecer o Faro de Punta Cabalo, onde se a travesía se fai pola tarde, poderase contemplar unha espectacular posta de sol e por suposto sen esquecernos dos profesionais do mar, aves mariñas ou cetáceos cos que nos atopemos.
- PRECIOS: ADULTOS: 30€/p. NIÑOS menores de 12 años: 20€/niño
- CALENDARIO: Cualquier día de la semana
- HORARIO: HORARIO DE MAÑÁ: DE 11:00 – 14:00
HORARIO DE TARDE: DE 16:00 – 19:00 OU DE 17:00-20:00 - DURACIÓN DE ACTIVIDAD: 3 horas (flexibles a petición del cliente)
- LUGAR DE REALIZACIÓN: Ría de Arousa
- IDIOMAS: Español y gallego
- OBSERVACIONES: Mínimo 8 personas y máximo 12 personas